BASES II CONCURSO DE FOTOGRAFÍA NOVEL EXPOFOTO AS PONTES

Escrito por expofoto 19-10-2015 en fotografía. Comentarios (0)

Bases do II Concurso de Fotografia Novel Expofoto As Pontes

Obxectivo:

O tema do concurso de fotografía será libre, primándose a orixinalidade e creatividade.

Prazo do concurso:

O concurso dará comezo o día 20/10/2015 e finalizará ás 13:30 h do 20/11/2015.

Normas:

Cada participante poderá mandar un máximo de 3 fotografías.

As fotografías en B/N ou en color, deberán ser inéditas, e non poden haber sido seleccionadas, premiadas ou presentadas en calquera outro certame ou concurso, pero sí publicadas en webs ou redes sociais personais.

Admitiranse retoques con programas de tratamento de imaxe.

Os participantes responsabilizaranse da súa autoría e orixinalidade, así como dos seus contidos que non poderán ser ilícitos, ofensivos ou discriminatorios, nin lesionar bens ou dereitos, incluídos dereitos de imaxe de terceiros.


A organización do concurso resérvase o dereito a declarar deserto o premio no caso de que considere que o número de participantes ou a calidade dos traballos presentados non alcancen uns mínimos aceptables.


As fotografías presentadas, poderán ser utilizadas pola organización de EXPOFOTO As Pontes, como considere oportuno, e ser publicadas en redes sociais, sempre e cando se acompañen do nome do/a autor/a da fotografía e sempre e cando sexan para uso publicitario de EXPOFOTO As Pontes.
O material non poderá levar logo nin anagrama do autor.

Participantes e inscrición:

A inscrición é de balde e poderán participar fotógrafos afeccionados maiores de idade.
Quedan excluídos os membros do xurado, os seus cónxuxes e parentes en primeiro e segundo grado de consanguinidade ou afinidade.
Requisitos das fotografías:
As fotografías deberán ter unha resolución mínima de 1024 x 768 px., e os formatos admitidos serán JPG, TIFF e PNG.

Forma de presentación:

-  Arquivo dixital enviado a dirección de correo electrónico poñendo en asunto

"Concurso fotografía" a

expofotonaron@outlook.es incluíndose os seguintes datos: nome do participante,dirección, teléfono de contacto.

Xurado e premios – Coa colaboración do Concello de As Pontes

De entre tódalas fotografías recibidas, seleccionaranse 3 finalistas.

O xurado que elixe ós tres finalistas son:

1º finalista: 50% escollido por números de "me gusta" en redes sociais, na páxina "Expofoto Galicia" e 50%  escollido polos fotógrafos profesionáis participantes no IV Certamen Expofoto As Pontes.

2º finalista: Escollido polos fotógrafos profesionáis participantes no IV Certamen Expofoto As Pontes.

3º finalista: Escollido polos representantes de Concellería de Cultura do Concello de As Pontes.

Os finalistas tendrán una copia impresa da súa fotografía exposta na Casa Dopeso de As Pontes, xunto con a Exposición Colectiva Expofoto.

O gañador final o escolle o público presente na certamen EXPOFOTO AS PONTES, o día 28 de novembro, mediante votación en urna.

Premios:

1º premio: 100 € + copia impresa da súa fotografía.

2º premio: 50 € + copia impresa da súa fotografía.

PREMIO ESPECIAL: A participación como ponente e a posibilidade de presentar o seu traballo no  V Certamen Expofoto Teatro Jofre, 7 de febreiro de 2016.

A participación no concurso supón a aceptación das presentes condicións, así como das decisións que puidera adoptar EXPOFOTO a efectos de interpretación ou resolución de cuestións non recollidas nelas.

Le informamos de que EXPOFOTO, gestiona los Datos de Carácter Personal nos facilite, según establece la Ley Orgánica de Protección de Datos, habiendo instalado todas las medidas obligatorias, según el R.D. 1720/2007, para garantizar la confidencialidad, evitar la pérdida, mal uso, alteración, acceso no autorizado y robo de los mismos, y de que estos datos no serán publicados o cedidos a terceros.