I Fotomaratón Concello de Mugardos

Escrito por expofoto 07-08-2017 en Fotomaraton Mugardos. Comentarios (1)

I Fotomaratón "Concello de Mugardos" 2017.

BASES.

1.

O Fotomaratón, organizado polo Concello de Mugardos coa colaboración da AFEG (Agrupación Fotográfica Expofoto Galicia) consiste en facer 4 fotografías na Vila de Mugardos, cada unha cunha temática diferente. As temáticas entréganse no momento da inscripción.

2.

A inscripción realizarase o día 26 de agosto, na oficina de Turismo de Mugardos (Avd. do Mar s/n) en horario de 11.00 a 14.00 h.

O  Fotomaratón está aberto  a calquera  persoa que queira participar, sen límite de idade.

3.

A organización entregará a cada participante un listado coas 4 fotografías que deberá realizar. Todas realizaranse na Vila de Mugardos. Non son necesarios vehículos.

4.

Cada participante deberá traer a súa cámara dixital, compacta o réfex, ou dispositivo móvil, con espazo suficiente na tarxeta de memoria e a batería cargada.

A cámara deberá estar axustada á data e hora actuais.

Os participantes poderán usar os utensilios e accesorios que consideren convenientes para realizar as fotografías.

5.

Entrega do material:

As fotos  entregaránse en FORMATO DE ARCHIVO JPG o día 26 de agosto, na oficina de Turismo de Mugardos (Avd. do Mar s/n) en horario de 16.00 h a 19.00 h.

Terán a súa disposición ordenador para descargar os archivos que consideren aptos para presentar a concurso.

Os premios para os mellores traballos son os seguintes:

1er Premio a la mejor serie: 100€.

1º Premio á mellor fotografía: 50€

6.

O xurado estará composto por fotógrafos profesionáis e un representante do Concello de Mugardos.

7.

O faio do Fotomaratón anunciarase o día 26 ás 21.00 h da noite.

8.

A participación no Fotomaratón asume o entendemento das bases e a súa aceptación.

Cada participante declara a súa autoría nas fotografías presentadas.

Os participantes compiten baixo a súa exclusiva responsabilidade.

Todas as accións que realicen durante a celebración do Fotomaratón serán únicamente imputables a eles mismos. Calquera daño, accidente e/o incidente que poidesen sufrir e/o causar non implica responsabilidade algunha por parte da organización. Os participantes menores de idade participan a conta e resgo do adulto que os acompañe ou represente.

Os participantes autorizan a título gratuito o dereito de difusión pública, sin ánimo lucrativo, das fotografías realizadas no I Fotomaratón Vila de Mugardos.

Expofoto Galicia gestiona os datos personais que vostede nos facilita, según a LEY ORGÁNICA DE PROTECCIÓN DE DATOS, habendo instalado todas as medidas obrigatorias según o R.D. 1720/2007 para garantir confidencialidade, evitar pérdidas, mal uso, alteración, acceso non autorizado e robo dos mesmos.